Domingo, 9 de setembro de 2018
Voltei a participar este ano, a XXIII Carreira Popular de Ordes. Había uns cuantos anos que non ía e o primeiro que me pasou foi que, pensando estos días de atrás cómo era o percorrido, confundín a ruta coa carreira de Carballo. Que non pasa nada, que total é dar unha volta por alí, pero non lembraba toda a subida que hai na de Ordes, e foi algo máis dura do que pensaba. Lembraba unha carreira con moita máis participación, hoxe debíamos ser uns cen na categoría de adultos. Foi agradable ver a saída da categoría das corredoras máis pequeniñas, sempre tan animosas, pero para ser unha carreira popular con tanta tradición deume algo de pena. Ou nostalxia de tempos mellores.
A carreira
Este ano 2018 é a primeira carreira popular na que corro descalzo, pero só porque... non participei en carreiras de asfalto. Ate a data todo foron trails, e ahí non me atrevo. En este aspecto non tiven problema, porque é habitual que adestre descalzo así que estou afeito a técnica e as sensacións. O único unha pequena rozadura entre dous dedos, pero debido a velocidade (hai meses que non corro así de rápido) máis que a ir descalzo xa que as dedas e as plantas dos pés quedaron perfectas, sin rozaduras nin calenturas. A carreira en si estivo ben, non petei, e eso que pola falta de práctica saín un pouco chispado e temín telo pagalo contra o final. Esto aprendese coa práctica e con un par de carreiras máis xa sabes cando estás indo rápido de máis ou vas ben. Sáese do centro da vila, xunto ao concello, e tras unha pequena volta por alí saes dirección a escola (primeira subida); voltas a vila e torces a esquerda pola estrada dirección a Silva. Este tramo de subida é o máis longo e duro, non é demasiado empinado pero a pesar de ser tendido faise longo. Despois torces a dereita para voltar a meta por terreo maiormente descendente. O asfalto é bo e fino, menos un quilómetro aló polo cinco (onde estaba a auga) que estaba moi roto e abrasivo e tiven que ir con xeito de non chamuscar os pés. Como dicía, non me asfixiei e puiden charlar tranquilamente coas compañeiras corredoras na meta mentras nos repoñíamos co abondoso avituallamento.
Resultado
Bo, paseino ben e non me manquei. Qué máis pedir!?
Podes comentar este artigo desde a túa conta no fediverso sin ter que abrir unha conta en este servidor, que para eso federamos!.
Comments
No comments yet. Be the first to react!