Quedou un día moi agradable para correr en Burela, con sol e incluso calor, aínda que algo ventoso.
Sendo a mesma distancia, a ruta foi diferente a do ano pasado. De saída directos as antenas no monte (400m en 4km) de xeito que o grupo xa foi moi estirado de inicio, chegando a subida longa sen problemas para poder pasar a xente.
Esta subida longa (2k ao 18%) era a mesma do ano pasado, polo que serve de referencia. Mirando os datos a min levoume uns 50" máis, unha diferencia significativa porque vas andando coa mellor zancada e frecuencia que podes, pero sen aforrar máis que o mínimo sabendo que depois quedan 10km duros onde hai que seguir correndo. Sen lembrar a condición física que tiña o ano pasado, creo que afrontar esta subida encadenada cos dous primeiros quilómetros en subida non é a mellor preparación para facer marca PB, pero tampouco me sentín especialmente asfixiado, fun ao que puiden e supoño que é o que hai.
Unha vez nas antenas xa prácticamente estás na posición que vas acabar ao final. Pásaslle a tres ou catro e outros tantos adiantanche, pero creo que este ano algunha xente perdeuse coa sinalización, que na miña opinión foi moi correcta, tiven só un momento de dúbida por unha marca de pintura borrada pola chuvia de estos días pasados. Non sei qué vai mirando a xente, pero a algunha persoa adianteille dúas veces (?) e algún máquina adiantoume a min xa na baixada. Espero non afectase as clasificacións.
A segunda parte era de moito correr se tiñas forzas, eu fun ao máximo que podía, recuperando un pouquiño nas baixadas (por limitacións técnicas) e intentando ir forte onde podía correr/andar. Creo que estas carreiras fánseme moi duras, porque son cortas e sabes que en 90/120' acabas, non tes que repartir o esforzo durante varias horas onde case en ningún momento chegas a este punto de intensidade. Tampouco me botei fóra de punto, así que non o pasei mal.
non o pasamos mal!
As sandalias están nas últimas, non me arrisquei a que rompesen na carreira e fun coas zapatillas azúis de trail. Non tiven dor nin problemas, pero quizáis polo tipo de zancada diferente que che fan tiña unha mínima molestia no xeonllo dereito nas baixadas fortes. Tamén teño que acordarme de levalas máis apretadas, que nalgunha destas baixadas íame o pe algo frouxo e non estou afeito a esta sensación (da inseguridade).
Pola miña parte só podo felicitar a organización polo traballo feito e agardo fose un éxito tamén desde a súa posición e non tivesen problemas coas clasificacións. Eu quedei moi ben na clasificación, pero esto fala máis do nivel da proba que do meu.
Nos medios
foto de familia, GRAZAS!! a todas as persoas que traballaron para sacar o festival adiante un ano máis
Comments
No comments yet. Be the first to react!